O Plan de Acción Titorial do Máster en Biotecnoloxía Avanzada configurase como o instrumento a través do cal se deseña o contido e a execución das distintas accións relativas á titoría universitaria.

Supón superar o modelo estrictamente académico, unicamente preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar por un modelo educativo no que conflúen ademais funcións socio-educativas, baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor-alumno, alumno-alumno…etc.
Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades dos alumnos, normalizando as distintas accións e alcanzando un axeitado equilibrio entre as expectativas dos alumnos e os obxectivos que se expoñen no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.

Neste sentido, é de importancia destacar un dos principios polos que aposta o Sistema de Garantía de Calidade da Facultade de Bioloxía (a que está adscrito o mestrado), e ao que con este plan se trata de responder: a adecuación de métodos de ensino, aprendizaxe e avaliación á adquisición de competencias do alumnado, atención á diversidade, orientación á aprendizaxe… etc., recollidos dunha forma ampla en distintos capítulos do manual de calidade e os procedementos que o centro ten deseñado no marco do Real Decreto 822/2021 de 28 de setembro.