Inicio
Avisos
A biotecnoloxía actual inclúe un conxunto de técnicas e tecnoloxías moi sofisticadas, que están a substituír ás metodoloxías clásicas, favorecendo resultados máis inmediatos e permitindo abordar novos retos impensables ata hai poucas décadas. Hoxe en día requírese profesionais altamente cualificados para poder afrontar os novos retos #ante os que se enfronta este sector biotecnolóxico, tanto no ámbito empresarial como no investigador.
O máster pretende ser unha oferta de posgrao de calidade potencialmente útil para os Graos/Licenciaturas de Biotecnoloxía, Bioloxía, Química, Bioquímica, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Farmacia, Medicina, Química, Veterinaria, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar e Enxeñería Química ou Agrónoma, así como unha vía para a formación de profesionais e doutores entre os egresados dos devanditos graos.