Unha vez solicitada a admisión polo alumno, levarase a cabo a selección e admisión dos estudantes no Mestrado por parte da súa comisión académica, logo de comprobar por parte das unidades administrativas de que as persoas solicitantes cumpren os requisitos de acceso.

Avaliarase cada solicitude con base na seguinte información que se achegue na seguinte documentación:

  • Curriculum vitae da persoa solicitante, tendo en conta a titulación de acceso e a súa formación previa (85%).
  • Opcionalmente, realizaranse unha (ou varias) entrevista persoal (de xeito presencial e/ou a través do correo electrónico).

En todo caso, teranse en conta as necesidades educativas especiais de estudantes derivadas dalgunha discapacidade.

Baremo do currículo da Comisión Académica do Mestrado:

  • Formación académica: (65 % do CV)

    Como perfís de acceso preferente establécense os seguintes:
    1. Licenciatura/grao en Biotecnoloxía, Bioloxía, Química, Bioquímica, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Farmacia, Medicina, Veterinaria, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar e Enxeñaría Química ou Agrónoma (Nota: Nota media x 1).
    2. Licenciatura/grao noutras titulacións (Nota: Nota media x 0,5).

  • Experiencia Profesional: (15 % do CV)
    Só se considerá aquela experiencia profesional directamente relacionada co sector biotecnolóxico. Valoraranse diversos aspectos como o cargo, as responsabilidades, a duración da actividade desenvolvida….
  • Experiencia investigadora: (15 % do CV)
    Analizarase a experiencia investigadora do alumno, para o que se empregará o baremo que tanto a Universidade de Vigo como a da Coruña establecen anualmente nas súas convocatorias de axudas á investigación.
  • Outros méritos: (5 % do CV)
    Consideraranse outros méritos relacionados co Mestrado, caso de premios, cursos de formación, mestradps, asistencia a xornadas, bolsas…