Na Facultade de Bioloxía

A Facultade de Bioloxía dispón dos siguientes mecanismos de apoio e orientación ao estudantado matriculado no centro:

Plan de Acción Titorial

O Plan de Acción Titorial (PAT) configúrase como o instrumento a través do cal se deseña o contido e a execución das distintas accións relativas á titoría universitaria. Préstaselle unha especial atención ao estudantado de novo ingreso, para favorecer a súa integración na vida universitaria e a atender as súas necesidades formativas e informativas, e ao que está a finalizar os seus estudos.

Máis información

 

Na Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo conta cos seguintes sistemas de apoio e orientación do estudantado unha vez matriculado:

A disposición do estudantado para orientar e asistir tanto en cuestións académicas como noutras de índole persoal. Preténdese cumprir os seguintes obxectivos:

  • Asesorar ao estudantado na planificación e desenvolvemento da súa traxectoria académica e profesional.
  • Adecuar e optimizar as decisións académicas, maximizando a variedade das posibilidades das saídas profesionais.
  • Incrementar os niveis de autoestima e de motivación persoal e profesional.
  • Mellorar os hábitos de estudo, a organización dos traballos e aprender distintas técnicas de estudo para acadar un maior éxito ao longo da carreira.
Visita a web do gabinete

O Programa de Apoio á Integración do Alumnado con Necesidades Especiais (PIUNE) foi deseñado para facilitar a súa vida académica e garantir o seu dereito ao estudo.

 

Visita a web do PIUNE

Os obxectivos deste servizo son:

  • Informar e orientar ao futuro estudantado universitario sobre:
    • O acceso á universidade, notas de corte, vinculacións dos estudos medios cós universitarios, pasarelas, etc…
    • A oferta educativa da Universidade de Vigo e outras universidades nacionais.
  • Informar tanto ao actual estudantado universitarios, como ao que xa rematou a súa carreira sobre:
    • Todo o que a Universidade de Vigo ofrece durante a súa permanencia na mesma.
    • As posibilidades de formación unha vez rematada a carreira (masteres e cursos de especialización, outros cursos, xornadas, premios, congresos, …) e tamén bolsas ou axudas convocadas por institucións externas á Universidade de Vigo.
Visita a web do SIE

Atópase dotada de persoal técnico que traballa para:

  • Proporcionar un servizo integral de información, asesoramento e formación no ámbito da orientación profesional para o emprego.
  • Fomentar as oportunidades de achegamento á práctica e ao exercicio profesional do estudantado.
  • As principais áreas de actuación son:
    • Xestión de prácticas en empresas e institucións públicas e privadas.
    • Xestión de ofertas de emprego.
    • Orientación e asesoramento individualizado na busca de emprego.
    • Formación para o emprego.
Visita a web da FUVI

As principais áreas de actuación son:

  • Xestión de prácticas preprofesionais en empresas e institucións públicas e privadas.
  • Xestión de ofertas de emprego.
  • Asesoramento personalizado para a elaboración do itinerario profesional axustado a cada perfil.
  • Orientación e asesoramento individualizado na busca de emprego.
  • Accións en grupo para a busca activa de emprego.
  • Información e asesoramento a empresas e institucións na busca do perfil universitario axustado para cubrir prácticas/postos de traballo.
  • Deseño e implementación de estudos sobre diversos temas que afecten ao mercado laboral e á inserción laboral do estudantado.
Visita a web da área de Emprego

Leva a cabo, entre outras, as seguintes actividades:

  • Información e asesoramento á comunidade universitaria sobre os diferentes programas internacionais no ámbito da educación superior.
  • Fomento e xestión da mobilidade de estudantado e profesorado propio e estranxeiro, en especial no marco dos programas Sócrates, ISEP, bolsas MAE e programas de cooperación da Universidade de Vigo.
  • Con respecto ao estudantado da Universidade de Vigo proporciona: asesoramento ás persoas seleccionadas con estes programas sobre a documentación que deben presentar, información sobre a contía das bolsas e posibles axudas complementarias, así como sobre as xestións que teñen que realizar coas universidades de destino.
  • Con respecto ao profesorado da Universidade de Vigo, a ORI facilita información sobre os programas de intercambio de docencia e programas de cooperación internacional.
  • Con respecto ao estudantado estranxeiro, xestiona a aceptación do que participa nun programa de intercambio, elabora a Guía do estudantado estranxeiro e envía os paquetes informativos sobre a Universidade de Vigo, con información sobre os diferentes campus e cidades, recepción, visados, viaxe, busca de aloxamento, matrícula e posibilidades de estudos en colaboración cos responsables de relacións internacionais.
  • Elaboración e negociación de acordos de cooperación internacional.
  • Asegura a presenza da Universidade de Vigo en foros e encontros de educación internacionais.
Visita a web da ORI

A Universidade de Vigo ten como prioridade, en liña coa Axenda 2030, favorecer a cultura do respecto, da igualdade e da inclusión, garantindo que todas as persoas que conforman a nosa comunidade poidan desenvolver a súa actividade académica e laboral con dignidade e nun espazo libre de violencias de xénero e de máximo respecto dos dereitos humanos.

A Unidade de Igualdade dispón dos seguintes recursos:

Visita a web de Igualdade