Programa | Prazo | Comezo | Fin |
---|---|---|---|
Erasmus+ estudos Convocatoria pechada |
1º prazo | 06/12/2024 | 20/12/2024 |
Erasmus+ prácticas Convocatoria pechada |
1º prazo | 03/07/2024 | 30/11/2024 |
ISEP Convocatoria pechada |
único | 03/12/2024 | 20/12/2024 |
Bolsas de intercambio UVIGO Convocatoria pechada |
único | 30/11/2023 | 15/12/2023 |
Libre mobilidade Convocatoria aberta |
único | 01/01/2024 | 31/12/2024 |
Erasmus+ estudos
O programa Erasmus+ estudos facilita cursar un período de estudos (un semestre ou curso completo) noutra universidade europea coa que exista o convenio correspondente, con total recoñecemento académico dos estudos realizados.
Antes de comezar a estadía, débese cumprimentar o contrato de estudos ou learning agreement. Este documento, que debe ser aprobado e asinado polas persoas coordinadoras de mobilidade do centro propio e de destino, establece as materias cursadas na universidade de destino que serán recoñecidas localmente.
Erasmus+ prácticas
O programa Erasmus+ prácticas oferta un mínimo de 65 prazas para realizar un período de prácticas (entre 2 e 12 meses) en empresas, centros de ensino superior, centros de investigación e outras organizacións doutro país europeo.
ISEP
O programa ISEP permite que o estudantado de últimos cursos de grao (3º e 4º) ou de posgrao da Universidade de Vigo realice nunha universidade estadounidense un curso completo (agosto-maio) ou un semestre (agosto-decembro/xaneiro ou xaneiro-maio/xuño) elixindo entre máis de 150 universidades e unha ampla gama de programas de estudos.
Bolsas de intercambio UVIGO
A Universidade de Vigo, dentro do seu programa de mobilidade internacional, financia mediante bolsas de intercambio propias, estadías de estudo (un semestre ou curso completo) en diversas universidades de todo o mundo en función dos distintos convenios establecidos.
Libre mobilidade
A Universidade de Vigo permite a realización de mobilidade internacional por iniciativa propia do estudantado, fóra dos programas oficiais de intercambio. Nestes casos, realízase unha estadía académica temporal noutra universidade estranxeira cursando un programa formativo compatible co da titulación da UVigo, sen a concesión dunha praza de mobilidade dun programa oficial de intercambio.
O programa formativo que se desenvolverá na universidade de destino ten que ser aprobado previamente pola persoa coordinadora de mobilidade do centro. No caso do estudantado de grao é necesario ter superados polo menos 60 ECTs antes de realizar a estadía.
Proposta de estudos
Certificado de estadía